Saltar ao contido principal

Mercado Social Galicia

O proxecto

Fronte á insostibilidade capitalista do sistema económico actual, faise cada vez máis patente a necesidade de camiñar cara outros modelos de produción, distribución e consumo que poñan a sostibilidade dunha vida que mereza ser vivida no centro da nosa actividade económica.

Lámpada

Desde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS), traballamos para  impulsar e visibilizar un tecido de entidades que fomenten o respecto ás persoas e ao medio en todos os ámbitos, difundindo e dando a coñecer a Economía Social e Solidaria (ESS en diante) na sociedade galega para aumentar nela a rede empresarial con estas características.

Con esta vontade, presentamos este catálogo do Mercado Social de Galicia, un mercado alternativo onde poder mercar e consumir produtos e servizos comprometidos cunha economía para as persoas e non para o capital.

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
Eduardo Galeano

Un mercado onde poder realizar un consumo crítico, consciente e transformador en empresas e entidades que se basean nos valores e principios da ESS para actuar desde o respecto e coidado da contorna, favorecer un modelo solidario e colaborativo, e situar ás persoas e ás súas necesidades por diante do beneficio ou rendabilidade.

Tes ante ti un catálogo de produtos e servizos que permiten cubrir grande parte das túas necesidades e poder exercer un consumo consciente e transformador no noso territorio!