Motivos para consumir no Mercado Social
Porque cando Consumes Dentro estás…
- Impulsando un consumo sostible, transformador e con impacto social e medioambiental, implicándote na construción dunha sociedade máis xusta e sostible.
- Contribuíndo a facer posibles moitos proxectos sociais que impactan en positivo no día a día daquelas persoas que máis o necesitan.
- Validando coa túa compra as prácticas de organizacións democráticas, transparentes, éticas, solidarias e sostibles.
- Facendo comunidade. A ESS é unha grande familia e fortalecendo o seu circuíto económico estás coidando e poñendo en práctica o apoio mutuo e a solidariedade que máis nos caracteriza, apoiando en momentos difíciles a empresas da túa contorna e que coidan o que ti tamén coidas.
Porque, ademais...
... cando consumimos no Mercado Social da ESS estamos directamente consolidando o poder e a capacidade do seu circuíto económico, fortalecendo estruturas, relacións e dinámicas que:
- Difunden o valor engadido e beneficios dos produtos e servizos das entidades sociais, fortalecendo así o seu potencial de comercialización.
- Fomentan espazos de intercooperación e o desenvolvemento de ferramentas de xestión, innovadoras e adaptadas ás necesidades específicas das empresas da ESS.
- Apoiando a entidades cos mesmos valores que ten a entidade onde traballas ou colaboras, reforzando así o circuíto do Mercado Social da ESS.

E é que ademais, mercar no marco de la ESS Solidaria é unha grata experiencia porque:
- Atoparás o que precisas na túa vida diaria: alimentación, enerxía, banca, vivenda, téxtil, servizos de asesoría e formación, opcións de lecer…, recollidos nun catálogo de produtos e servizos do máis variado.
- Todos os produtos e servizos proveñen de entidades sen ánimo de lucro, que apostan pola equidade, o traballo digno, a cooperación, a sostibilidade e o compromiso coa contorna, polo que a túa compra será unha compra ética e sostible.
- Estarás así sendo coherente coas túas ideas, facendo do teu consumo diario unha práctica exemplar para a consolidación de outros valores máis solidarios, democráticos, xustos e sostibles.
- É doado e agradable, porque se xeran relacións cálidas, de proximidade e confianza.
- A satisfacción intrínseca que dá saber que destinas a túa forza económica a soster iniciativas que si te representan.