Unión de Cooperativas EspazoCoop
Acción social e ONG
Quen somos?
Unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores. Temos como obxectivo: agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico.
Facemos parte do movemento cooperativo galego, sendo unha entidade de referencia no territorio, con presenza en organizacións estatais e internacionais. Temos vocación de influír na sociedade e de contribuír ao cambio social.
En EspazoCoop estamos un equipo político e técnico multidisciplinar que garante o desenvolvemento do seu labor.

Que facemos?
Somos unha asociación de cooperativas que fomentamos e defendemos o cooperativismo como modelo económico. Como o facemos? Apoiando ás cooperativas galegas para seguir medrando mediante:
- Representación e interlocución institucional
- Servizos ás cooperativas socias
- Creación de cooperativas
- Difusión e promoción do cooperativismo
Defendemos os intereses do cooperativismo en Galicia, participamos en redes galegas e estatais, buscamos apoios para o crecemento das cooperativas, comprometémonos coa formación continua, apoiamos o emprendemento e a consolidación cooperativa, visibilizamos o cooperativismo, e impulsamos a intercooperación entre cooperativas asociadas.
Somos ESS porque...
Fortalecemos o tecido cooperativo galego, promovendo o crecemento de cooperativas comprometidas coa súa contorna e o seu territorio, onde sexan motor de desenvolvemento económico, social e ambiental.
Apoiamos o papel relevante das mulleres no cooperativismo, onde a participación destaca con forza dentro da nosa base social e do movemento cooperativo galego.
Contamos cun modelo de xestión e toma de decisións democrático. Guiámonos polos principios de transparencia, xestión ética e rendemento de contas.
Contribuímos ao impacto social porque fomentamos un modelo económico que amosa maior resiliencia e sostibilidade, que practica un modelo de xestión democrática con reparto equitativo dos beneficios, baseado nos principios cooperativos e nos valores da ESS.
- Rúa da República do Salvador 3, 2º D 15701 | Santiago de Compostela Praza de Papagaio s/n (Centro Accede Papagaio) 15002 | A Coruña Rúa Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5 36201 | Vigo
- Compostela 981 57 55 78 | A Coruña 881 887 456 | Vigo 986 866 149
